martes, 11 de diciembre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
lunes, 15 de octubre de 2012
Pequenas confesións
"Deitado na miña caixa de pino repousei moitísimos días, tantos que perdín a conta. Apodrecín axiña [...]. Foi unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño custoume desentolle-las pernas e cando me erguín e botei a minña cachola fóra da terra, fiquei pasmado... Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sírveme agora pra mirar."
Con esta pequena metáfora do meu descubrimento da fotografía quero comezar este blogue, xa que despois de moitísimos días apodrecendo nun posto de traballo ata quedar nos ósos, descubrín ese "ollo de vidro" do que falaba Castelao co que ver a outra cara da vida.
O que pretendo con este blogue é amosar a miña forma de observar o mundo, os detalles e os pequeños instantes da vida que doutra maneira nos poderían pasar inadvertidos.
Por outra banda pareceume correcto crear varios apartados nos que ir contando novas relacionadas coa fotografía ou por exemplo unha listaxe das exposicións que actualmente recorren o noso país, co fin de colaborar coa difusión da cultura na nosa terra.
Por último agradecervos a todos os que vos acheguedes a este blogue o voso interese, as vosas opinións e os vosos comentarios.
Unha aperta!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)